Blogia

Artvertising

Nada que ver cun camiño de rosas.

Foi unha relación difícil, o pincipio eu non era capaz de aceptala, non era o que máis me conviña ou eso pensaba. Neguei o evidente, e seguín avanzando, dándolles as costas ós meus sentimentos. Cada vez alonxábame máis do que me dictaba o corazón, pero tamén me costaba máis separarme do que sentía.
Despois de moito pensalo comecei unha relación, esta si era o máis conveniente para min, pouco menos que un matrimonio concertado por miña nai e meu profesor de bioloxía. A miña relación con medicina foi bastante tortuosa e moi fugaz, a penas duramos un ano. Non estabamos feitas a unha para a outra e eu tampouco puxen moito da miña parte, a verdade. Que chegase a bo termo supoñía uns sacrificios que eu non estaba disposta a afrontar. A fin non puido ser outra que a nosa ruptura (témome que definitiva). Eu non lle gardo ningún rencor, todo o contrario, espértame máis simpatía e incluso máis interese que antes de coñecela.
Rompín con medicina, máis ben rompemos, estas cousas soen ser case sempre de dous. Mentres tomaba a decisión de deixala, plantexábame de quen ía botar man nese momento. De novo acordeime de publicidade, pero seguíame parecendo unha posibilidade moi fantasiosa. Como con calquer outro mal de amores pedín consello sobre os meus medos, sobre o temor a voltar a equivocarme. Finalmente tomei unha decisión que sería definitiva: comezar unha nova vida ó lado de publicidade.

Que che gustaría ser cando sexas blogista?

A sociedade crea patróns, estereotipos, e as persoas intentamos encadrarnos dentro dalgún deles. Representamos un rol, que en moitas ocasións non escollemos ou o fixemos precipitadamente. Neste blog tamén teño que representar un papel, centralo, falar de algo, especializarme. Eu non sei facer eso. Para moita xente é moi doado. De pequenos cando lles preguntan que queren ser cando sexan maiores contestan sen dubidar. Eu a meirande parte das veces non contestaba, non tiña ningunha necesidade de ser maior, estaba ben como estaba. Outras dicía: "quero ser millonaria" (por pedir...) E noutras ocasións, cando xa me acorralaban, soltáballes que bióloga, sen saber moi ben de qué ía eso pero o que tiña moi claro é que non quería ser perruqueira como dicían case todas as nenas do meu tempo (hoxe en día seguro que din que queren sair na tele). O caso é que me custou case vinte anos decidir qué quería ser na vida e agora teño que decidir nun instante qué quero ser en internet.
Son unha novata nesto, non teño nin idea de qué vai a cousa, por que me ides ler a min e non a calquera outro? Eso é o que busco, razóns para que a alguén lle poida interesar o que eu lle conte, e, francamente, non as atopo (teño amigas ás que non lles interesa o lles conto...).
Por iso, de momento o que vos ides atopar neste blog, será o mesmo que atoparedes en calquer outro: as miñas impresións, o que me chama a atención, etc. todo un pouco enfocado ó mundo da publicidade que é, en definitiva o meu mundo.

... E a cenicienta convertiuse en princesa.

O momento de facer a solicitude chegou de novo. Esta vez estaba segura da resposta, a restposta sería un si. E foi un si. O resto foi todo rodado, cumplimentar o papeleo e volver a agardar. Ata que en setembro ó fin formalizamos a relación.
Agora estamos comezando. Levamos pouco máis de catro meses. Ó principio das historias, xa se sabe, todo son descubrimentos, olvidar as espectativas, pasar o máis tempo posible ó seu carón para coñecela mellor. Tiña claro que a carreira non ía ser coma un soño, coma un conto con final feliz, nin un camiño de rosas, que moitas veces pouco teñen que ver co seu nome ou co mundo laboral. Por eso sabía que fose a ser como fose íame gustar, que ía loitar polo noso.
Non sei o que resultará desto, temos catro anos por diante para ver que ocorre. Será un momento determinante que decidirá se a unión é para toda a vida ou non. Máis ben decide ela, da miña parte xa ten un si. Pero como xa dixen nalgún momento as relacións son cousa de, ó menos, dous. A publicidade é dura, sobervia, impenetrable, facerse un oco no seu corazón non é doado. É moi atractiva e ten moitos pretendientes.

Un ano de proba.

Solicitei o meu ingreso en publicidade, pero non era o momento. O destino é caprichoso e quíxome someter a unha nova proba para coñecer a miña fidelidade. Iríame á volta de cambio coa primeira que pasara? Ou, a pesar das circunstancias, manteríame fiel a publicidade ata que ela me admitise?
A decisión estaba tomada e fun consecuente con ela. Non ía abandonar o único que tiña claro na vida que era que a publicidade me gustaba máis que ningunha outra cousa.
Quedábame agora un ano por diante, un ano de espera e reflexión. Paradoxas da vida, cando non sabía que facer non tiven tempo para decidilo e unha vez que tomara unha decisión quedábame un ano para reconsiderala.
O ano en solitario pasou mellor do que agardaba, colmeime de paciencia e seguín adiante, sen desesperar, sabendo que con tempo chegan os resultados, pensando nos erros cometidos e soñando co que me agardaba. Contenta, por sentirme segura de que atopara a miña media naranxa, por sentirme afortunada xa que moita xente non sabe o que quere ó longo da súa vida, ou non ten a posibilidade de facelo.

Perseguindo un soño.

Non sei cal é o sentido da vida, o tempo pasa, e notas que nada cambia, que segues a ser a mesma de sempre pero con máis anos, que segues a estar rodeada dos mesmos aínda que non leven o mesmo pelo, que segues a merodear polos mesmos lugares a pesar de que non se chamen do mesmo xeito. E de pronto daste conta de que vai seguir así sempre. Quizais a temperatura do planeta sexa un grao máis alta dentro de dez anos, quizais se extingan centos de especies no próximo lustro, poida que mañá chova, pero eu seguirei sendo a mesma. Camiñando non sei moi ben cara a onde, pero, eso si, perseguindo un soño.

Para saber máis...

Publicidade comeza por "p" de poesía.
la publicidad como voluntad de represnetación

ética e publicidade

Gpx, Gpx, Gpx.

Por unha vez alégrome de ter este espazo para dicir publicamente o que queira. Na cidade de Pontevedra hai unha axencia de publicidade chamada Gpx á que non lle interesa que se use o seu nome. Pero como este é un país libre, e o único nome que se se toma en van resulta pecado é o de Deus, este outro podemos repetilo canto queiramos: Gpx, Gpx, Gpx,...

Buscando outros blogs.

Palabras clave: anuncios, publicidad, profesionales de los medios, soportes publicitarios.
Resultados:
Technorati. 26 posts.inicio
Custy. 3 posts.inicio
Bloglines. 2 posts (nada que ver).inicio
Feedster. 0 posts.inicio

Os resultados non son demasiado satisfatorios. Intentei buscar blogs relacionados máis concretamente coa publicidade pero non conseguín atopar ningún. O problema está en que se buscas por "publicidade" en xeral o que atopas é blogs nos que aparecen anuncios pero non blogs que falen do tema.

Falando de soños...

Falando de soños...

Aquí tedes unha foto de Madison Avenue e alí, nesta mítica rúa de New York, tedes a Meca da Publicidade.

Para non perderse.

Para non perderse no universo da publicidade aquí tedes un artigo que resume un pouco en que consisten os anuncios. Chámase Los textos publicitarios.

Para medio masivo a TV.

A pesar do que se diga sobre internet, a xente segue a pasar horas e horas fronte a caixa tonta. Ou polo menos eso é o que di un estudo sobre o tempo de ocio dos consumidores norteamericanos.
Así que aínda nos queda camiño por andar ós publicistas na televisión.

http://enconil.blogspot.com/2005/03/televisin-digital-terrestre.html
http://www.dinero-inversion.com/inversion-blog/2005/03/la-inversin-publicitaria-en-espaa.html