Blogia
Artvertising

Un ano de proba.

Solicitei o meu ingreso en publicidade, pero non era o momento. O destino é caprichoso e quíxome someter a unha nova proba para coñecer a miña fidelidade. Iríame á volta de cambio coa primeira que pasara? Ou, a pesar das circunstancias, manteríame fiel a publicidade ata que ela me admitise?
A decisión estaba tomada e fun consecuente con ela. Non ía abandonar o único que tiña claro na vida que era que a publicidade me gustaba máis que ningunha outra cousa.
Quedábame agora un ano por diante, un ano de espera e reflexión. Paradoxas da vida, cando non sabía que facer non tiven tempo para decidilo e unha vez que tomara unha decisión quedábame un ano para reconsiderala.
O ano en solitario pasou mellor do que agardaba, colmeime de paciencia e seguín adiante, sen desesperar, sabendo que con tempo chegan os resultados, pensando nos erros cometidos e soñando co que me agardaba. Contenta, por sentirme segura de que atopara a miña media naranxa, por sentirme afortunada xa que moita xente non sabe o que quere ó longo da súa vida, ou non ten a posibilidade de facelo.

0 comentarios