Blogia
Artvertising

Que che gustaría ser cando sexas blogista?

A sociedade crea patróns, estereotipos, e as persoas intentamos encadrarnos dentro dalgún deles. Representamos un rol, que en moitas ocasións non escollemos ou o fixemos precipitadamente. Neste blog tamén teño que representar un papel, centralo, falar de algo, especializarme. Eu non sei facer eso. Para moita xente é moi doado. De pequenos cando lles preguntan que queren ser cando sexan maiores contestan sen dubidar. Eu a meirande parte das veces non contestaba, non tiña ningunha necesidade de ser maior, estaba ben como estaba. Outras dicía: "quero ser millonaria" (por pedir...) E noutras ocasións, cando xa me acorralaban, soltáballes que bióloga, sen saber moi ben de qué ía eso pero o que tiña moi claro é que non quería ser perruqueira como dicían case todas as nenas do meu tempo (hoxe en día seguro que din que queren sair na tele). O caso é que me custou case vinte anos decidir qué quería ser na vida e agora teño que decidir nun instante qué quero ser en internet.
Son unha novata nesto, non teño nin idea de qué vai a cousa, por que me ides ler a min e non a calquera outro? Eso é o que busco, razóns para que a alguén lle poida interesar o que eu lle conte, e, francamente, non as atopo (teño amigas ás que non lles interesa o lles conto...).
Por iso, de momento o que vos ides atopar neste blog, será o mesmo que atoparedes en calquer outro: as miñas impresións, o que me chama a atención, etc. todo un pouco enfocado ó mundo da publicidade que é, en definitiva o meu mundo.

0 comentarios