Blogia
Artvertising

Perseguindo un soño.

Non sei cal é o sentido da vida, o tempo pasa, e notas que nada cambia, que segues a ser a mesma de sempre pero con máis anos, que segues a estar rodeada dos mesmos aínda que non leven o mesmo pelo, que segues a merodear polos mesmos lugares a pesar de que non se chamen do mesmo xeito. E de pronto daste conta de que vai seguir así sempre. Quizais a temperatura do planeta sexa un grao máis alta dentro de dez anos, quizais se extingan centos de especies no próximo lustro, poida que mañá chova, pero eu seguirei sendo a mesma. Camiñando non sei moi ben cara a onde, pero, eso si, perseguindo un soño.

1 comentario

noe -

Antes de nada felicitarte polo teu blog, é un dos que máis me convence. Faise máis persoal e máis íntima que as demais. A min tamén me gustaría escribir sobre o mesmo, pero elexín como tema para o meu blog as novas campañas de publicidade.
Cambiando de tema, eu son das que pensan que para poder erguerte día tras día tes que ter un soño que perseguir e polo que loitar, senón simplemente pasarían os días sen sentido, valeiros.