Aínda hai máis.
Queda unha semana para que á fin sexan as eleccións. Xa ía sendo hora. Aínda queda o peor. Pasear pola rúa convértese nun pesadelo. Non sei cantos coches que non deixan de facer ruido. Veña musiquiña estridente e voz pesada que non deixa de repetir vota tal ou vota cual... Debería haber unha lei para prohibilo. Non creo que eso sexa publicidade.
Ademais, fixástesvos nos carteis? Tanto Fraga, como Touriño e Quintana aparecen coas cabezas cortadas pola fronte. O único que importa é a súa "cara bonita", o que teñan no coco non dá votos.
Se estades interesados nas opinións doutra xente acerca das eleccións podedes visitar esta páxina.

Co verán o Sol faise cada vez máis presente e esta fin de semana estivo por partida dobre, non só no ceo senón tamén en San Sebastián onde se celebrou El Sol, Festival Iberoamericano de Publicidade. Se queredes máis información só tedes que visitar
Móvome? A que vos recorda a precampaña do PSdeG?
Un País Novo é a proposta do Bloque. Ironizando sobre a figura do, non tan novo, Fraga?