Curriculum Vitae
"non tomei drogas bastantes coma para escribir algo inxenioso", dunha pintada en Thessaloníki (Grecia) que, sobra dicilo, non estaba en galego, pero si nun intelixible inglés.
Esta é unha frase que me gusta moito e como tal, adoptei como miña.
Os publicitarios teñen sona de alimentar o seu inxenio con substancias psicotrópicas. Así que, cando non teño ningunha idea "creativa", emprego esta frase.
Por eso adoro as citas, porque podes saír dun apuro airosa.
A semana pasada unhas compañeiras máis eu entrounos a furia de participar en notodopublifest, un festival de publicidade que polo visto solo tivo unha edición. Levámonos unha gran decepción cando ó entrar na páxina descubrimos que a última (e primeira) convocatoria do concurso foi no ano 2004 (chegamos un pouquiño tarde).
O caso é que dende entón non paro de recibir mensaxes de todo tipo de novedades da plataforma notodo.
Aquí recollo uns enlaces por si se me ocurre algún día empregalos para algo.blog agnecia freak (distribución de curtas)
Chegou á hora de facer algo serio neste blog que espero que sexa de utilidade. Explícome, vou intentar facer unha relación dos festivais de publicidade máis importantes. Advirto que non son experta na materia, polo que non garantizo que esté completa. Para eso confío na vosa colaboración.
Cannes Lions.
El Sol.
F.I.A.P.
A publicidade nunca pecha por vacacións, e como esto é un blog adicado á publicidade tampouco o podo abandoar. Eso si, no que queda de verán poida que sexa un pouco máis relaxado. Tamén o é a publicidade, non vos fixastes en que os anuncios da tele son máis cutres? A min polo menos así mo parece.
As vacacións non son eternas. Un sempre ten que voltar ó traballo ou a donde sexa. Eu polo de pronto parece que volto a reconciliarme co meu blog.
Ata o momento adiqueime a ser parásito vacacional ata que me fartei. Así ó fin chegou "o mañá" no que me apuntei a un cursiño, e aquí estou desfrutando da conexión a internet gratuita.
Queda unha semana para que á fin sexan as eleccións. Xa ía sendo hora. Aínda queda o peor. Pasear pola rúa convértese nun pesadelo. Non sei cantos coches que non deixan de facer ruido. Veña musiquiña estridente e voz pesada que non deixa de repetir vota tal ou vota cual... Debería haber unha lei para prohibilo. Non creo que eso sexa publicidade.
Ademais, fixástesvos nos carteis? Tanto Fraga, como Touriño e Quintana aparecen coas cabezas cortadas pola fronte. O único que importa é a súa "cara bonita", o que teñan no coco non dá votos.
Se estades interesados nas opinións doutra xente acerca das eleccións podedes visitar esta páxina.
Co verán o Sol faise cada vez máis presente e esta fin de semana estivo por partida dobre, non só no ceo senón tamén en San Sebastián onde se celebrou El Sol, Festival Iberoamericano de Publicidade. Se queredes máis información só tedes que visitar Marketing Directo. Neste portal atoparedes as últimas novas en marketing e publicidade.
Gústame a imaxe de Gauloises. Leva tempo deixando ver os seus anuncios en revistas e vallas. Ó principio parecíanme moi "horteras" (recordo a fotografía dunha moza negra que levaba unha morea de pulseiras e tiña unhas unllas pintadas de azul que non me gustaban nada). Sen embargo, ó insistir sempre coas fotos en primeiro plano e a nota de cor azulón, cada vez gústanme máis. Creo que están logrando crear unha auténtica identidade, e eso é do que se trata, non?
Se non tivemos abondo, Fraga, unha vez MÁIS, preséntase á Xunta afirmando que aínda ten MÁIS que "facer por Galicia".
Parece que todas as precampañas falan do mesmo: de que Fraga vai vello. Por un lado, BNG e PSOE presomen da súa axilidade (MÓVOME) e xuventude (país NOVO); e, polo outro, o PP fai apoloxía da súa madurez (porque para ofrecer MÁIS, tivo que ter ofrecido algo antes).
Non sei se este bombardeo de carteis e vallas publicitarias conseguirá máis votos para cada partido. Pero a parte de ter como obxectivo gañar as ececcións, cales son as súas propostas para gobernar Galicia?
Móvome? A que vos recorda a precampaña do PSdeG?
Móvome, mímame, divírteme, regálame, pídeme, non era algo así? Algo así era o anuncio de Movistar. Pero, como vedes, tanto vale para unha compañía de telefonía móbil como para un partido político, é o que ten a publicidade.
Un País Novo é a proposta do Bloque. Ironizando sobre a figura do, non tan novo, Fraga?
Eu creo que non. Penso que é difícil non ser consumista hoxe en día e no mundo "desarrollado" en que vivimos. Moito máis difícil é promover o consumismo se non eres consumista. O erro está aquí, eu non creo que facer publicidade sexa promover o consumismo. Serei unha idealista pero pódese facer unha publicidade que axude a consumir sanamente.
Acabo de incorporar un novo enlace a unha páxina que me pareceu que estaba bastante ben
Navegando pola rede atopeime cun montón de referencias ó derradeiro spot de Coca-cola "referencias". Algunhas positivas negativas e outras que non se posicionan.
http://REFERENCIAS
La publicidad, esa contaminadora mentalLa publicidad, esa contaminadora mental
http://21:56
http://Achero Mañas dirige la nueva campaña...
Hai veces que é necesario lavar a cara, cambiar, renovarse. Acaban de aparecer unhas vallas publicitarias un tanto incompletas, xa que non sinalan que é o que se anuncia. Ata agora vin dúas distintos. Unha é unha foto dunha barriga de embarazada en primeiro plano e unha palabra: "mímame". A outra foto mostra a un grupo de xoves e pon: "divírteme". O único significativo do anuncio é o "m" que gardan en común ambos textos. Trátase do novo logotipo de Movistar.
Publicidade refírese, de forma xeral, a facer público algo. As esquelas son un claro exemplo do acto de publicar un acontecemento: a morte de alguén.
O outro día olleando o xornal chamoume a atención unha esquela, sempre paso estas páxinas sen reparar nelas, polo que non sabía que moitas delas ían acompañadas dunha foto do falecido. Era un rapaz novo, sorrindo. Pareceume un pouco macabro, pero un bo xeito de facerlle ó lector pararse a ler quen é o defunto.
Non sei se este será o nome definitivo do meu blog. A verdade é que non acabo de atopar o meu sitio neste "mundillo" da web. A idea de "artvertising" non é miña, collina dun anuncio que vin no aeroporto de Barcelona. Máis ou menos esta palabra reflexa a miña idea da publicidade. Levaba semanas buscando algo así, só sinto que o que atopei non fora de colleita propia.
A semana que vén, os días 26 e 27, na facultade de Ciencias Sociais de Pontevedra haberá unhas xornadas nas que diversos personaxes do panorama da publicidade darán unhas charlas co gallo do décimo aniversario da licenciatura de Publicidade e Relacións Públicas.
Podedes ver o programa aquí.
Non sei en que momento comezou, nin onde, nin por que. Non creo que fose amor á primeira vista, foime conquistando pouco a pouco ata que chegou o día... en que me din conta. Dinme conta de que estaba ahí e de que sentía algo que nunca antes sentira. Cóxegas no estómago.Como unha revelación. A publicidade comezou a formar parte da miña vida.
Todo ocorreu un domingo, alá polo ano 1998, mentres olleaba unha revista de cuxo nome non quero acordarme (felicidades ó Quijote). Era un dos suplementos domicais dun xornal no que había un artigo tódalas semanas cuxa protagonista era unha muller que falaba da súa profesión. O día en cuestión trataba dunha publicista, contaba en qué consistía o seu traballo e cal fóra a carreira que estudiara. Como non, Publicidade e Relación Públicas era a súa licenciatura. Eu nunca oíra falar dela e cando lin o artigo quedei cativada. Conquistoume definitivamente, marcoume. Como nunca antes reparara nela?
Fun correndo a mirar uns folletos nos que aparecía información acerca das vías de acceso do bacharelato ás carreiras, alí atopei que esta licenciatura se impartía en Pontevedra e que para acceder a ela era necesario o bacharelato de ciencias sociais ou o de humanidades. Non sei por que vin eso, sabendo que se pode acceder dende tódalas vías, quizais fose unha mala xogada do destino, non o sei. O caso é que me decepcionou, porque estudiaba ciencias da saúde, e descartei a posibilidade de cambiar de modalidade (sempre fun moi testana).